- Estudio: Sodinor, Babalú Studios, Cinemar Films
- Cliente: Televisión de Galicia (TVG)
O detective Conan
Título orixinal: Meitantei Conan (1996)
Empresas
Profesionais
- Axuste: Alfonso Valiño, Matías Brea, Charo Pena
- Dirección: Alfonso Valiño, Matías Brea, Charo Pena
- Mesturas: Rafael Prieto, Xurxo García, Emilio García
- Produción: Raquel Rodríguez, Marta Fernández Barros, Olalla Piñeiro
- Tradución: María Alonso Seisdedos, Margarita Díaz, Manuel Arca
- Adaptación musical: María Alonso Seisdedos, Manuel Arca
- Gravación: Paco Brisaboa, Mario Fernández Tubío, Emilio García
- Subtitulación (PX): Uxío Couto, Nuria Señor
Elenco
Outros datos de interese
Os máis dos actores de dobraxe con personaxe asignado tamén interpretaron voces adicionais, pero non se citan no apartado correspondente en favor da operatividade da ficha.
O total de capítulos en lingua galega ascende a 380 episodios: o bloque do 1 ao 300 dobrouse en Sodinor entre os anos 2006 e 2007, os conxuntos do 301 ao 332 e do 746 ao 775 producíronse en Babalú Studios nos anos 2020 e 2023 respectivamente, mentres que a fornada do 333 ao 350 se anosou en Cinemar Films no ano 2020.
A numeración galega dos episodios correspóndese coa enumeración internacional, que divide os especiais cunha duración superior aos 30 minutos en capítulos de media hora. En consecuencia, o episodio 11 («Os asasinatos da Sonata ao Luar (1.ª parte)») e o episodio 12 («Os asasinatos da Sonata ao Luar (2.ª parte)») constitúen para o público nipón un único capítulo especial dunha hora.
As cancións de entrada e de saída que figuraban no material recibido foron adaptadas e dobradas ao galego, salvo a cabeceira dos episodios 172-174, que se ofreceu subtitulada, e as pezas musicais dos capítulos 746-775. Os máis dos temas foron interpretados por Ángeles Lago e sufriron modificacións nas letras para estas casaren cos coros en xaponés presentes nas pistas instrumentais facilitadas. Con todo e iso, para a segunda canción de encerramento, que soa entre os episodios 53 e 72, recreouse unha pista instrumental exclusiva da dobraxe galega.
A canción «Break» do grupo Two-Mix que soa no episodio 85 («O secuestro duns cantantes famosos (2.ª parte)») dobrouse e contou coas voces galegas dos personaxes Genta, Ayumi, Mitsuhiko, Conan e Minami Takayama; estes dous últimos encarnados pola mesma actriz de dobraxe, en consonancia coa versión orixinal.
Os epílogos dalgúns episodios (principalmente entre os capítulos 208-300) non foron dobrados por non figuraren no material recibido.
A partir do episodio 301 («O seareiro no labirinto (1.ª parte)») comezaron a sobreimprimirse en galego os letreiros de presentación de personaxes e a traducirse algúns textos inseridos na pantalla. A metraxe facilitada ao cliente dalgúns destes capítulos incluía unha secuencia no interludio (o denominado «eyecatch») co título da serie, que se brindou locutado polo personaxe de Conan.
No episodio 235 («O mago Kaito. Shinichi contra Caco Kid»), as personaxes de Aoko Nakamori e Akako Koizumi recibiron o nome de Seiko e Beniko respectivamente.
A firma Jonu Media comercializou en DVD (formato Digipak) os 75 primeiros episodios: os capítulos 1-25 publicáronse o 29 de novembro do 2006, os capítulos 26-50 lanzáronse o 25 de abril do 2007 e os capítulos 51-75 saíron á venda o 1 de outubro do 2007.
A TVG comercializou dous DVD da serie no Nadal do 2007; o primeiro cos capítulos 91, 92 e 97 e o segundo cos capítulos 95, 96 e 98. Na metraxe omitíronse os avances do episodio consecutivo.
Obras relacionadas
- O detective Conan: A décimo cuarta vítima
- O detective Conan: A pantasma de Baker Street
- O detective Conan: O mago do ceo prateado
- O detective Conan: Engaiolado nos seus ollos
- O detective Conan: Encrucillada na antiga capital
- O detective Conan: O derradeiro mago do século
- O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo
- O detective Conan: Explosión no rañaceos