Aviso legal

Este sitio web, dedicado á consulta de datos sobre o sector da dobraxe en Galicia, é propiedade de Uxío Couto Carballido, profesional do sector da dobraxe, quen xestiona e mantén a páxina co obxectivo de dar visibilidade ao sector.

O contido da web inclúe información sobre obras audiovisuais (longametraxes, curtametraxes, series…), profesionais do sector (actores e actrices de dobraxe, directores/as, produtores/as, tradutores/as…) e empresas relacionadas (estudos, produtoras, distribuidoras…). Os datos foron recompilados persoalmente polo propietario ao longo da súa traxectoria profesional, aínda que tamén se ofrece a posibilidade de que usuarios acheguen datos adicionais mediante o formulario habilitado na web.

As imaxes das carátulas e as mostras de audio de actores de dobraxe recóllense unicamente de fontes accesibles publicamente en internet, evitando sempre materiais privados ou con restrición de uso. Se algunha persoa ou empresa considera que algún contido vulnera dereitos de propiedade intelectual ou outro tipo de dereitos, pode poñerse en contacto co propietario a través do correo electrónico uxiocouto@gmail.com, e revisarase e retiraráse o contido afectado se corresponde.

A páxina pode incluír banners ou espazos publicitarios, así como enlaces a sitios externos. Estes contidos teñen carácter informativo ou promocional, e o propietario non asume responsabilidade polos produtos, servizos ou políticas deses terceiros.

Respecto á privacidade, este sitio web pode recoller datos proporcionados voluntariamente polos usuarios a través do formulario para achegar información. Estes datos utilizaranse exclusivamente para actualizar os contidos da páxina e non se cederán a terceiros sen consentimento explícito.