- Cliente: Televisión de Galicia (TVG)
- Estudio: Studio XXI
Heroes
Título orixinal: Heroes (2006)
Data de estrea: 14/6/2007
Empresas
Profesionais
- Axuste: Xerardo Couto
- Dirección: Xerardo Couto
Elenco
Outros datos de interese
Rótulos adicionais: si.
Na promoción da serie, a TVG emitiu pezas promocionais con extractos de entrevistas a varios dos actores orixinais (Greg Grunberg, Ali Larter,
Hayden Panettiere, Sendhil Ramamurthy, Milo Ventimiglia…) falando dos seus respectivos personaxes mediante a voz superposta de cadanseu homólogo na dobraxe galega. Como viña sendo habitual, o peche destas promocións contaba coa voz corporativa da CRTVG: Carlos Reboreda.
A estrea da serie inaugurouse na TVG co programa especial "Tempo de Heroes", narrado por Carlos Reboreda, presentado por Isabel Risco, con intervencións de Marta Abalde (posprodutora de televisión), Nico Campos (guionista e músico), Santi Navia (propietario da tenda de cómics A Gata Tola) e de Tim Kring (creador da serie), este último traducido mediante a voz superposta de Antonio Mourelos. Nesta presentación de oito minutos mostráronse fragmentos da serie coas voces de Nora Abad, Nacho Castaño, Monti Castiñeiras, Xerardo Couto, Chelo Díaz, Gonzalo Faílde, Daniel Lema, Ana Lemos e María Liaño.