Cartel de Club dos Poetas Mortos
Club dos Poetas Mortos

Club dos Poetas Mortos

Título orixinal: Dead Poets Society (1989)

Data de estrea: 16/6/2026

Empresas

Profesionais

Ordenar por: Actor Orixinal | Personaxe | Actor Dobraxe

Outros datos de interese

Título: Recreado mediante grafismos.

Insertos: Subtitulados.

No filme cítanse os seguintes fragmentos de textos literarios:

— O poema «She Walks In Beauty» de Lord Byron (1814): «Camiña fermosa coma a noite. Camiña fermosa coma a noite de climas despexados e de estrelas ateigada. O mellor do ocaso e da alba resplandece na súa ollada».

— O poema «The Ballad of William Bloat» de Raymond Calvert (1950): «Na rúa Shankill, nunha chabola, vivía William Bloat coa súa dona. Tan ruín era aquela muller que a el fervíalle a cachola. Un día espertou ao saír o sol e con saña foi e acoitelouna».

— O poema «The Prophet» de Abraham Cowley (1656): «Mostrarme o amor? Ide aprender a outra parte. Eu son mestre nesa arte. O deus do amor, se é que existe algo así, pode acudir a min».

— O poema «The Road Not Taken» de Robert Frost (1915): «Onde o camiño se bifurcou eu collín por onde ninguén o usou e así a miña vida cambiou».

— O poema «To the Virgins, to Make Much of Time» de Robert Herrick (1648): «Apañade axiña as rosas, xa que o tempo non perdoa. Á flor que hoxe ri ao sol logo lle chegará o solpor».

— O poema «The Congo» de Vachel Lindsay (1914): «Tiña a relixión, tiña unha visión. Mofarme non podía de tal celebración. Logo vin o Congo, escuro ante min, abríndose camiño nunha selva sen fin».

— A obra de teatro «A Midsummer Night's Dream» de William Shakespeare (1600): «Se algunha ofensa houbo aquí, pensen só que foi así: ao chegaren adormeceron e as visións apareceron. Pois este frívolo conto non foi máis ca un soño. Non nos reprendan, por favor. Emendarémolo co seu perdón. E, xa que Puck é honrado, se cunha pouca sorte do escarnio dá escapado, déano por emendado. Se non, chámenme mentirán. Boa noite voulles desexar. Se o aplauso teñen a ben dar, Robin hállelo compensar».

— O Soneto 18 de William Shakespeare (1609): «Cun día de estío hei compararte. Gañarías ti en encanto e temperanza».

— O poema «Ulysses» de Alfred Lord Tennyson (1842): «Vinde, meus amigos. Non é tarde para buscar un mundo novo. Soño con navegar máis aló do solpor. Aínda que xa non teñamos aquela forza que en tempos movía ceo e terra, somos o que somos: un mesmo carácter de corazóns heroicos, debilitados polo destino, pero fortes en vontade, para loitar, buscar, atopar sen claudicar».

— O ensaio «Walden» de Henry David Thoreau (1854): «Fun ao bosque porque quería vivir deliberadamente. Quería vivir a fondo e zugarlle o miolo todo á vida. Desfacerme de todo o que non era vida e, cando me chegase a hora, non descubrir que non vivira».

— O poema «O Captain My Captain!» de Walt Whitman (1865): «Oh, capitán! Meu capitán!».

— O poema «O Me! O Life!» de Walt Whitman (1867): «Oh, eu! Oh, vida! Das preguntas que nunca cesan, dos interminables trens de infieis, das cidades ateigadas de necios. Que hai de bo en todo isto, oh, eu, oh, vida? Resposta. Que estás aquí. Que a vida existe, e a identidade. Que a poderosa obra continúa e ti podes contribuír cun verso».

— O poema «Song of Myself» de Walt Whitman (1892): «Solto o meu bárbaro ouleo sobre os tellados do mundo».

TMDB Logo

Parte das imaxes deste sito web proceden da API de The Movie Database.

*Esta web non está apoiada nin certificada por TMDB.