Cartel de Psiconautas, os nenos esquecidos
Psiconautas, os nenos esquecidos

Psiconautas, os nenos esquecidos

Título orixinal: Psiconautas, los niños olvidados (2015)

Data de estrea: 19/5/2016

Empresas

Profesionais

Ordenar por: Actor Orixinal | Personaxe | Actor Dobraxe

Elenco

Actor orixinal Personaxe Actor de dobraxe
Dinki Ana Lemos
Falso pai de Dinki Tacho González
Nai de Dinki Xermana Carballido
Birdboy Óscar H. Fernández
Familia de patos Gaspar Somoza
Mamá paxaro Ana Santos
Voces adicionais Matías Brea
Voces adicionais César Cambeiro
Voces adicionais Monti Castiñeiras
Voces adicionais Uxío Couto
Voces adicionais Montse Davila
Voces adicionais Marián Muíño
Voces adicionais Antonio Rey
Voces adicionais Gelos Rosado
Voces adicionais Antón Rubal
Voces adicionais Teresa Santamaría

Outros datos de interese

2016/05/19, 20:00 h (Círculo Recreativo e Cultural, O Porriño): Estrea ao abeiro do Festival de Cans.

O filme sonorizouse orixinalmente en galego co elenco convocado en presenza dos dous directores do filme, Pedro Rivero e Alberto Vázquez. Tacho González volve dirixir o elenco da curtametraxe 'Birdboy' (Rivero e Vázquez, 2011), en castelán (Matías Brea, Xermana Carballido, Óscar H. Fernández, Tacho González, Ana Lemos, Antonio Rey, Antón Rubal), mantendo os personaxes que reaparecen nestoutra obra en galego. Porén, esta película dobraríase posteriormente ao castelán cun elenco diferente dirixido por Álvaro María Sánchez no estudio K2000 (Galdakao). A versión en castelán acadaría o galardón á mellor película de animación do 2016 na 31.ª edición dos Premios Goya (celebrada o 4 de febreiro de 2017) e estrearíase en cines o 24 de febreiro de 2017.

2017/06/03, 21:00 h (Centro Social do Mar, Bueu): Proxección do Cineclub Bueu ao abeiro do programa "Cinemas de Galicia".

TMDB Logo

Parte das imaxes deste sito web proceden da API de The Movie Database.

*Esta web non está apoiada nin certificada por TMDB.