- Cliente: Televisión de Galicia (TVG)
- Estudio: Babalú Studios
Dunkerque
Título orixinal: Dunkirk (2017)
Data de estrea: 25/5/2020
Empresas
Profesionais
- Axuste: Charo Pena
- Dirección: Charo Pena
- Mesturas: José García
- Produción: Marta Fernández Barros
- Subtitulación accesible: Uxío Couto
- Tradución: Manuel Arca
Elenco
Outros datos de interese
No filme cítase un fragmento do discurso «We shall fight on the beaches» de Winston Churchill (1874-1965): «As guerras non se gañan mediante evacuacións, pero cómpre salientar que este rescate ten unha parte de vitoria. Malia a nosa gratitude por esta salvación, non podemos esquecer que o que aconteceu en Francia e en Bélxica é un desastre militar descomunal. Podemos prever unha continuación case inmediata desta lide, mais cómpre chegar ao final. Cómpre combater en Francia. Cómpre combatermos no mar e nos océanos. Cómpre combatermos no aire con maior seguridade e con máis azos. Cómpre defender a nosa illa custe o que custe. Cómpre combater nas praias. Cómpre combater nos aeródromos, nos campos e tamén nas rúas. Cómpre combater nos outeiros. Cómpre non renderse. E, aínda que esta nosa illa ou parte dela acabe asoballada e esfameada, o noso imperio, alén dos mares, armado e protexido grazas á frota británica, asumirá esta loita ata que, cando Deus quixer, o novo mundo, con todo o seu poderío, poida avanzar cara ao rescate e á liberación do vello».