Cartel de A princesa e os trasgos
A princesa e os trasgos

A princesa e os trasgos

Título orixinal: The Princess and the Goblin (1991)

Data de estrea: 4/1/2003

Empresas

Profesionais

Ordenar por: Actor Orixinal | Personaxe | Actor Dobraxe

Outros datos de interese

Coprodución entre Hungría, O Reino Unido e O Xapón. A versión orixinal do filme foi producida de xeito simultáneo en húngaro e en inglés, con prioridade no guión en inglés para o mercado internacional. O guionista e produtor principal, Robin Lyons escribiu a historia en inglés adaptando o libro escocés. A gravación das voces en inglés fíxose antes de rematar o proceso de animación para que os debuxantes puidesen cadrar os movementos das bocas dos personaxes ('lip-sync'), un estándar habitualmente baseado na pista de son inglesa neste tipo de coproducións occidentais. Porén, comercialmente, a versión en húngaro estreouse primeiro nos cines (Hungría, 20/12/1991), mentres que a versión en inglés non chegou ás salas do Reino Unido ata un ano despois (18/12/1992). A estrea cinematográfica en España produciuse anos máis tarde (16/07/1997) cunha dobraxe ao castelán feita en Galicia na que participaron algúns actores (Paco Barreiro, Xoán Diéguez, Manuel Pombal) que un lustro despois participarían con outros papeis na versión en galego.

TMDB Logo

Parte das imaxes deste sito web proceden da API de The Movie Database.

*Esta web non está apoiada nin certificada por TMDB.